NORMAS PARA O CARNÉ DE SOCIO/A DA ANPA SANTO TOMÁS
- É obrigatorio presentar o carné no establecemento para beneficiarse do desconto.
- O establecemento non está obrigado a ofrecer o desconto se non se presenta o carné de socio/a. Ademais, poderá requirir o DNI do pai/nai/alumno/a para corroborar os datos.
- O carné é persoal e intransferible para os pais/nais/alumnado que sexan socios/as da ANPA. Polo tanto, non se pode compartir con outros membros da familia.
- A vixencia do carné é por curso escolar. Unha vez rematado, deixará de estar vixente (xuño 2026).
- Para poder obter o carné de socio/a, deberanse de cumprir as seguintes premisas:
- Pagar a cota de socio/a
- Firmar a autorización de cesión de datos
- Se algún dos datos do carné é erróneo, a persoa deberallo comunicar á ANPA para o substituír. Será necesario devolver o carné antigo para recibir o novo.
- De acordo co contrato vixente, os establecementos poden variar o desconto por conta propia.
- Aquelas persoas que desexen incluír algún establecemento ou desconto deberán de se poñer en contacto coas representantes da ANPA facilitando o nome e o contacto do negocio para que se lle poida enviar o contrato co selo da ANPA e a sinatura da presidenta.
LISTA DE ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS E DESCONTOS




