Quen somos?

Somos a Asociación de Nais e Pais do C.P.R. Santo Tomás, no Concello do Porriño, unha asociación sen ánimo de lucro e con total independencia. Representamos os intereses do alumnado do centro ante os órganos municipais e rexionais e ante a Dirección e o profesorado do colexio, con quen temos unha colaboración e diálogo constantes en beneficio da educación dos nosos fillos e fillas.

Somos unha Anpa con ganas e ilusión e traballamos por mellorar o día a día de toda a cativada da escola.

Queres formar parte da Anpa?

O primeiro paso para colaborar é formar parte da asociación, facéndote socio/a. Lembra que é bo para a escola, para os nosos fillos e fillas e tamén para as familias.

A directiva da Anpa do CPR Santo Tomás está formada por un grupo de nais que traballamos de forma desinteresada por mellorar o benestar dos nenos e nenas do colexio. Pode ser que a nosa labor non sexa a máis visible, pero compénsase coas cousas positivas que imos conseguido para todos e todas.

Se desexas formar parte da Anpa, anímate e ponte en contacto connosco. Calquera aportación en tempo, esforzo e apoio será benvida.

Chama a ANPA
WhatsApp
ANPA Santo Tomás