Carnés da ANPA

NORMAS PARA O CARNÉ DE SOCIO/A DA ANPA SANTO TOMÁS

  • É obrigatorio presentar o carné no establecemento para beneficiarse do desconto.
  • O establecemento non está obrigado a ofrecer o desconto se non se presenta o carné de socio/a. Ademais, poderá requirir o DNI do pai/nai/alumno/a para corroborar os datos.
  • O carné é persoal e intransferible para os pais/nais/alumnado que sexan socios/as da ANPA. Polo tanto,  non se pode compartir con outros membros da familia.
  • A vixencia do carné é por curso escolar. Unha vez rematado, deixará de estar vixente (xuño 2026).
  • Para poder obter o carné de socio/a, deberanse de cumprir as seguintes premisas:

  1. Pagar a cota de socio/a
  2. Firmar a autorización de cesión de datos

  • Se algún dos datos do carné é erróneo, a persoa deberallo comunicar á ANPA para o substituír. Será necesario devolver o carné antigo para recibir o novo.
  • De acordo co contrato vixente, os establecementos poden variar o desconto por conta propia.
  • Aquelas persoas que desexen incluír algún establecemento ou desconto deberán de se poñer en contacto coas representantes da ANPA facilitando o nome e o contacto do negocio para que se lle poida enviar o contrato co selo da ANPA e a sinatura da presidenta.

 

LISTA DE ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS E DESCONTOS

Descargar pdf

   

    Chama a ANPA
    WhatsApp
    ANPA Santo Tomás